miércoles, 2 de junio de 2021

Tralas pegadas do Parque Empresarial do Río do Pozo

A importancia de tecer a paisaxe (Fotomontaxe de Toon Joosen)

O parque empresarial do Río do Pozo é un lugar de confluencia de dinámicas, tanto naturais, como culturais, como lexislativas.  Situado no concello de Narón, na provincia de A Coruña, o espazo industrial protagoniza unha paisaxe rodeada de pequenos núcleos tradicionais como O Val, Sequeiro, San Mateo o Castro. Carácter tradicional referido ao mantemento das prácticas rurais que caracteriza a identidade da comarca da Terra de Trasancos¹.

Vista aérea da extensión do Parque

A paisaxe industrial do Río do Pozo non se pode entender sen a relación coas cidades de Ferrol e Narón. A comarca de Ferrolterra  caracterízase pola actividade industrial que conformou o desenvolvemento social económico cun auxe na segunda metade do S. XX. Despois das crises dos anos 80, pola entrada de España no OTAM, a industria naval comeza a decaer e con ela as xentes da comarca. Na década de 1990 iniciase a construción do espazo a estudo, co obxectivo de dinamizar e revitalizar a actividade industrial. O lugar escollido atópase a 4’5 km da cidade de Narón e a 7’6 km de Ferrol, conectado a través dunha rede viaria ampla e transitada que xera un fluxo diario de persoas e mercadorías. 

A análise permitiu o coñecemento dos fíos que conforman o tecido da paisaxe,  esa confluencia cultural que relata a evolución do tempo e o os procesos adheridos, cunha identidade marcada pola mestura entre industria e agricultura e gandeiría.

Botadura do buque acorazado Alfonso XIII o 7 de maio de 1913, en Ferrol

A paisaxe actual do Polígono presenta expresión protagonizada polo tráfico rodado e as parcelas privadas de cada empresa, cunha arquitectura definida por grandes naves que se estenden horizontalmente no espazo. A falta de mantemento do parque empresarial, así como a ausencia dun plan de reconversión das parcelas non construídas e a ausencia de relaciones entre o parcelario privado e público; derivan na conquista de especies invasoras e a falta de uso por parte da poboación local. Aínda así o Parque foi capaz de amosar unha serie de potencialidades precisamente referidas á utilización do mesmo. Nas numerosas visitas de campo rexistráronse establecementos hostaleiros, empresas deportivas, equipamentos municipais e incluso pradeiras activas con cabalos. Ademáis, as empresas máis vencelladas ao sector textil e comercial amosaban unha preocupación por naturalizar os bordos das súas naves tratando de alixeirar a densidade construida.

Carreira de burros na parroquia de Sedes

O mesmo PXOM do ano 2002 indica que o parque empresarial non se chama polígono industrial porque presenta dinámicas comerciais diversas e variadas. Sumando o espazo e os equipamentos públicos, prescíndense o carácter empresarial derivando na idea conceptual do parque.

Na parte propositiva plantéase unha forte crítica contra discriminación da paisaxe industrial, derivando nun estado ecolóxico e cultural decante. A paisaxe industrial forma parte da identidade colectiva dos habitantes da comarca, facendo unha riquísima mestura coa tradición rural. Unha industria necesaria pero que non pode borrar o legado do pasado. 

Paisaxe actual do lugar a estudo

Os espazos baldíos sen construir son concedidos ás parroquias con usos agrícolas e gandeiros, xestionados a través de 3 cooperativas da zona. Trabállase co espazo público, introducindo espazos de lecer as beiras do río, no que realizaríase unha rexeneración de todo o seu curso como revalorización do elemento que da nome ao parque (atópase canalizado). Plantánse especies autóctonas e deséñanse corredoires naturais, vías ciclcistas e equipamentos deportivos. Transfórmase unha paisaxe decadente e inexpresiva, a través da inclusión cultural e a xestión activa da poboación do lugar, adecuándose as súas necesidades e dinámicas do presente. O proxecto mestura a sensibilidade paisaxística coa conciencia cultural, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das nosas xentes, das nosas paisaxes vivas. 

Álvaro Alfaro Fernández

Notas: 

1. De feito o topónimo de Trasancos provén dunha técnica de cultivo que consistía en prender lume os campos para obter as ‘rozas’.



No hay comentarios

Publicar un comentario

© Universidade da Coruña · Aviso Legal
Diseño Maira Gall